Venres, 11 de abril de 2025. Antonio Ameijide recorda que do plan de arranxo anunciado por Pedro Sánchez “non se sabe nada novo” xa que a falta de mantemento “é máis que evidente” con treitos “nos que a seguridade viaria non existe” polo que insiste en que “seguiremos ao carón dos veciños e realizaremos todas as reclamacións que sexan necesarias ata que a N-540 estea en boas condicións e sexa segura”
O popular tamén sinala que “esta estrada é fundamental” para a provincia de Lugo xa que “non podemos esquecer que é a única conexión coa Alta Velocidade ferroviaria xa que o Goberno de Pedro Sánchez non prevé que este servizo estratéxico chegue a nosa provincia”
Ameijide insiste en que “esta estrada ten que estar en perfecto estado” xa que “mentres o proxecto para a construción da autovía A-56 (Lugo – Ourense) siga metido nun caixón polo PSOE é a única conexión por estrada entre ambas cidades”.
O voceiro popular recorda que, como xa anunciamos, no pleno deste mes da Deputación de Lugo defenderemos unha moción para que toda a corporación amose o seu apoio á reclamar ao Goberno do Estado o arranxo “urxente e inmediato” desta estrada: “O acordo é moi sinxelo, ou se está do lado dos veciños e da seguridade viaria ou se está do lado da discriminación que Pedro Sánchez aplica aos lucenses”