Partido Popular de Lugo

Ameijide: “Ante a primeira choiva forte volve a chover dentro do Paciño, é tempo de deixarse de chapuzas e dar solucións reais”

Venres, 11 de abril de 2025. Coa choiva caída esta tarde sobre Lugo, “quedou en evidencia que a reforma do Paciño rematada hai poucas semanas é unha chapuza, tal e como advertimos dende o Partido Popular”. Así de contundente se amosa o voceiro popular, Antonio Ameijide, despois de ver como a chuvia entrou con facilidade durante esta tarde no interior destas instalacións.

Antonio Ameijide explica que “foron numerosos os pais e nais que se puxeron en contacto con nós esta tarde para lamentar que o Paciño segue nas mesmas condicións que antes da reforma de 320.000€ realizada por PSOE e BNG”.

“A realidade é que os rapaces e rapazas que adestran alí cada día non poden facelo con total seguridade, tal e como se constatou esta mesma tarde”, sinalou.

O voceiro popular esixe a PSOE e BNG que “se tomen en serio a situación das instalacións deportivas, sobre todo aquelas que acollen a nenos e nenas e, neste caso, esixan á empresa que realizou as obras que garante que non entre auga cando chove, se aínda está no prazo de garantía, e senón que contraten os traballos necesarios para que o Paciño estea en perfectas condicións de uso”.