Partido Popular de Lugo

Os senadores do PP lucense esixen explicacións ao Goberno de Sánchez sobre os accidentes que provoca o mal estado da N-540

Lugo, 10 de abril de 2025.- O mal estado que presenta o firme da N-540 entre Lugo e Ourense “supón unha odisea para a circulación”, segundo denuncian os senadores do PP lucense que advirten de danos e sinistros de forma habitual na vía.

José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano veñen de dirixir formalmente preguntas ao Goberno de España para que detalle o número de partes de accidentes rexistrados na vía no último ano e cales tiveron como consecuencia avarías do vehículo vinculadas ao mal estado da calzada como, por exemplo, reventóns ou pinchazos.

Os senadores esixen explicacións ao Goberno de España sobre o rexistro de accidentes que provoca o mal estado da N-540 ante “a súa falta de interese e de investimento. O Goberno de Sánchez é incapaz de facer fronte ás súas obrigas de conservación e mantemento das estradas de titularidade estatal”.

Os populares explican que “é cada vez máis habitual ver coches avariados, situados nas marxes da calzada, por danos provocados por non pode esquivar os socavóns, desniveis ou tramos con grava solta que provoca falta de adherencia e multiplica o risco de accidente”.

Hai zonas especialmente críticas, con grandes baches que obrigan aos condutores a transitar a moi baixa velocidade e, incluso, a parar para evitar sinistros ou danos nos seus vehículos.

Esta iniciativa dos representantes do PP no Senado súmase á ofensiva do Partido Popular da provincia para reclamar, dende o Parlamento de Galicia e a Deputación de Lugo, o “arranxo inmediato e urxente” desta vía de titularidade estatal para “garantir a seguridade viaria”.