Martes, 8 de abril de 2025. Os deputados do Grupo Provincial Popular seguen a realizar as súas xuntanzas periódicas de traballo, nesta ocasión no Concello de Sarria, reunión na que tamén participou a voceira do PP nesta localidade, Carmen José López.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, recorda que realizamos estas xuntanzas de traballo por toda a provincia “para deslocalizar as reunións de traballo e así poder valorizar a riqueza da provincia, así como coñecer de primeira man os debes da Deputación en cada municipio”.
Unha das principais reivindicacións que defenderán os deputados populares é que a Deputación “mellore e garanta” a seguridade dos peregrinos nos treitos coincidentes coas estradas provinciais, como poden ser no caso de Sarria a LU-P-5602 (Samos – Pintín – Sarria) ou a LU-P-5709 (Santa María – Vila Maior – Castro de Rei de Lemos).
Antonio Ameijide pon de manifesto a necesidade de dotar a estas estradas das medidas de seguridade axeitadas xa que hai puntos nos que os peregrinos pasan moi preto dos vehículos, ao que engade que “agora que se achega o verán as distancias redúcense xa que a vexetación comeza a medrar moito polo que a Deputación debe de iniciar de inmediato o desbroce da maleza”.
Ademais, os deputados populares comprobaron como “ao igual que en 66 dos 67 concellos da provincia, a rede de estradas provincial carece de mantemento algún, provocando situacións de perigo para os condutores” polo que “PSOE e BNG deberían de tomarse en serio o mantemento da rede viaria”.