Pol, 4 de abril de 2025. A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, denuncia que os veciños e veciñas de maior idade do concello de Pol levan anos sen poder participar na tradicional comida dos maiores xa que “non se celebra por falta de cartos”.
Nicole Grueira recorda que esta celebración “era un dos eventos máis agardados do ano, xa que durante décadas foi un momento de encontro, recoñecemento e desfrute para quen leva toda unha vida contribuíndo á nosa comunidade”.
Ante esta situación, a voceira popular recoñece que “é moi triste que non haxa cartos para esta celebración, mentres o alcalde si que atopa os recursos necesarios para convidar a quen el quere”.
Unha situación que deixa unha realidade clara: “Mentres a comida dos maiores é cancelada unha e outra vez, o alcalde continúa gastando os recursos públicos nos seus propios caprichos, esquecendo por completo a importancia de manter vivas as tradicións que unen á nosa veciñanza, de arranxar os camiños, ou de atender as necesidades básicas do municipio, como contar cunha persoa para abrir e pechar o colexio”.
Os concelleiros populares lamentan esta forma de gobernar que “da prioridade aos intereses persoais sobre o benestar da cidadanía”, polo que “esiximos ao alcalde que rectifique e que devolva aos nosos maiores o recoñecemento que merecen, recuperando unha celebración que nunca debería terse perdido”.