Partido Popular de Lugo

O PP pedirá no pleno un plan de mellora das zonas de ocio para que se poidan usar ao longo de todo o ano

Poder empregar as zonas de ocio públicas ao longo de todo o ano debería de ser un dos fins a garantir dende o Concello de Monforte, pero non sucede así.

Por este motivo, dende o Grupo Municipal do PP de Monforte defenderán no pleno da próxima semana que o Concello de Monforte de Lemos prepare un plan de mellora das infraestruturas de ocio da cidade para que o seu uso sexa máis amplo e en mellores condicións.

A voceira popular, Katy Varela, explica que, pese a que son numerosas as zonas de ocio en Monforte, non todas sen pode empregar durante todo o ano xa que non están preparadas para a climatoloxía de cada estación, así como “non se realiza o mantemento adecuado, o que impide en moitos casos o seu uso”.

A falta de mantemento é unha das principais reivindicacións realizadas dende o Grupo Municipal Popular durante os últimos anos, “polo que urxe que dende o goberno de José Tomé se tomen en serio o mantemento para poder ter estas zonas de esparcemento sempre en boas condicións”.

Unha falta de mantemento e de mala planificación da que os concelleiros populares poñen varios exemplos:

  • O parque do hospital carece de árbores que dean refuxio a situacións climatolóxicas adversas, sobre todo como pode ser o calor de verán ou as choiva en inverno, polo que é necesario instalar unha cuberta
  • O parque da Compañía necesita melloras de iluminación xa que é escasa
  • Outras zonas recreativas tamén teñen mala iluminación, como a ladeira de San Vicente, o Paseo do Malecón ou o do Río ata Piñeira. Estes espazos amosan moitos puntos de luz fundidos e sen correcta reposición

“Este equipo de goberno presume de inversións millonarias pero de nada vale se logo este lugares non poden ser desfrutadas polos cidadáns por falta de previsión, mantemento e rehabilitación”, denunciaron.