Partido Popular de Lugo

O PP aposta no seu #EspazoAbertoPopular por “manter vivo o casco histórico adoptando medidas para evitar que se converta nun parque temático sen residentes”

Lugo, 18 de febreiro de 2025. A presidenta do PP da provincia e voceira do Grupo Municipal Popular, Elena Candia, destacou o #EspazoAbertoPopular como foro para abordar temas de interese e, ao mesmo tempo, abrir o partido á sociedade. Nesta ocasión, achegáronse a Lugo o alcalde de Toledo e presidente provincial do PP de Toledo, Carlos Velázquez, para ofrecer a conferencia ‘Vivir en el casco histórico’ na que tamén participou a presidenta da Deputación de Toledo, Conchi Cedillo. Ambos foron presentados polo secretario xeral, Javier Vázquez Nodal.

Elena Candia Candia coincidiu con Carlos Velázquez na necesidade de “manter vivo o casco histórico” adoptando medidas que “eviten que se converta nun parque temático sen residentes: as cidades deben poñer no centro ás persoas”.

Carlos Velázquez expuxo precisamente que “desde el equipo de gobierno actual del Ayuntamiento de Toledo ha puesto en marcha medidas que equilibren la balanza hoy desequilibrada entre las ventajas e inconvenientes de vivir en los cascos históricos”. De feito, cre que “uno de los principales retos que compartimos las ciudades con patrimonio histórico y cultural y con centros históricos es mantener viva esta parte de la ciudad y que no se conviertan en museos”.

O rexedor toledano fixo referencia durante a conferencia ao traballo realizado por exemplo: “para mejorar la movilidad a través del pivote único para garantizar la movilidad de los residentes dentro del casco histórico”. Desta forma, os veciños e veciñas do barrio poderán “acceder ao casco histórico por cualquiera de estos puntos, cosa que hasta ahora no era posible”. Tamén falou de que “estamos creando nuevas aparcamientos públicos junto al casco histórico para aumentar las alternativas para los vecinos de otros barrios y también para los visitantes”.

Igualmente destacou “la puesta en marcha de medidas que contribuyen a mejorar el medio ambiente facilitando que, por primera vez, se pueda reciclar en esta parte de la ciudad y también eliminando el bolseo, sustituyendo esta forma de recogida por la recogida en contenedor que alcanza ya más del 50% de la superficie del casco y que seguirá ampliándose hasta alcanzar la totalidad”.

Velázquez deixou claro que “para nosotros es fundamental dar vida al casco histórico y que esta parte de la ciudad, la más importante, querida y la que más nos identifica, sea un centro de vida y convivencia entre visitantes y residentes”.

COLABORACIÓN INSTITUCIONAL PARA EL ‘TOLEDO EMERGE’

Outra das iniciativas implantadas por este goberno é o proxecto ‘Toledo Emerge’, en colaboración coa Deputación de Toledo, que ten como obxectivo recuperar edificios en desuso para darlles unha nova vida útil.

Velázquez apuntou que “gracias a la colaboración institucional hemos puesto en marcha el proyecto ‘Toledo Emerge’, un proyecto transformador, nunca antes impulsado en Toledo, para la recuperación de cinco edificios históricos en desuso que ocupan una parte muy importante de la superficie del casco histórico y que va a regenerar el barrio con nuevas viviendas, aparcamientos y espacios para los vecinos, la cultura y la gastronomía. Esa es la línea en la que trabajamos y ese es nuestro compromiso como gobierno”.

O labor do alcalde de Toledo como “un referente de buena gestión y modernización de la ciudad” foi destacado pola presidenta da Deputación de Toledo, Conchi Cedillo, durante a súa intervención no acto no que puxo o foco na loita contra o despoboamento.


Cedillo destacou, neste sentido, medidas impulsadas desde a Deputación de Toledo, coma o Cheque Bebé, que busca fomentar a natalidade e fixar poboación nos municipios rurais. Tamén defendeu o papel clave das diputacións na vertebración do territorio, asegurando que, «tras ocho años de socialismo, la institución provincial ha sido recuperada para estar nuevamente al servicio de los ciudadanos, con inversiones reales y soluciones eficaces».

A presidenta da Deputación de Toledo reivindicou durante o acto a xestión do Partido Popular como garantía de crecemento, emprego e estabilidade nos territorios onde goberna. E fixo un chamamento a seguir apostando polos gobernos do Partido Popular, asegurando que «donde gobierna el PP hay futuro y oportunidades para todos».

CIDADE DE LUGO

Candia apuntou, con respecto á cidade de Lugo, que o proxecto ‘Toledo Emerge’ lle lembra as “oportunidades que Lugo está perdendo coa súa Empresa Municipal do Solo, Evislusa”. Dixo: “Mentres que alí apostan pola rehabilitación de edificios en desuso para convertelos en vivendas para universitarios, novas prazas hostaleiras, un centro de día para maiores ou proxecto museístico; en Lugo, en cambio, temos unha ferramenta que podería impulsar proxectos transformadores, pero que o goberno local desaproveita”.