Monforte, 4 de febreiro de 2025. Dende o Grupo Municipal do PP de Monforte esixen a José Tomé que dea unha solución inmediata para os veciños das parroquias de Distriz e Piñeira, ambas incomunicadas dende hai un mes debido a unhas obras de arranxo da estrada que se iniciaron e non se remataron.
A voceira popular, Katy Varela, fai patente o descontento dos veciños destas parroquias, cuxa estrada está cortada por obras, traballos que levan un mes parados desde que se iniciaron e hai instaladas uns valos cortando a comunicación entre ambas. “O descontento entre os veciños é moi grande xa que o único que falta neste tramo son as arquetas e como consecuencia ambas parroquias atópanse incomunicadas entre si e o acceso tanto do polígono como desde a estrada de Sober vese interrompida polas mesmas”, sinalou.
Katy Varela insiste na necesidade de dar unha solución urxente a estas parroquias para que retomen a normalidade.