Lugo, 31 de xaneiro de 2025.- O senador do PP lucense José Manuel Barreiro manifestou este venres en rolda de prensa xunto aos tamén senadores José Manuel Balseiro e Juan Serrano e a participación da presidenta provincial, Elena Candia, o “apoio explícito do Partido Popular á subida das pensións, á bonificación do transporte público, a axudar aos afectados pola DANA en Valencia, a rebaixa do IVE”. O Partido Popular “sempre manifestou a nosa postura favorable a estas medidas. O Partido Popular está onde sempre estivo: apoiando a colectivos coma o dos pensionistas e os usuarios do transporte e o compromiso explícito con Valencia”.
O senador do PP lucense José Manuel Barreiro incidiu en que “o Goberno de Sánchez un día di unha cousa e ao seguinte di outra. Primeiro dixo que non, despois dixo que si” en relación á posibilidade de separar as distintas medidas contidas no chamado ‘Decreto Ómnibus’.
Así, continuou dicindo que “varios Ministros trasladaban a postura uniforme do Goberno de que non se ía parcelar o decreto e aos poucos días rompeuse porque, unha vez máis, Sánchez preferiu facer caso aos intereses dos independentistas cataláns. En lugar de facer caso, dende un principio, ao que lle plantexaba o Partido Popular”.
“O Partido Popular, nun exercicio de responsabilidade, manifestou o seu apoio á subida das pensións, a manter a bonificación no transporte e a Valencia”, subliñou Barreiro. “O Partido Popular responde ao compromiso coa sociedade española e unicamente coa sociedade española”, puntualizou.
Barreiro explicou que “hai propietarios na provincia -especialmente na cidade de Lugo- que teñen vivendas ocupadas e non poden entrar porque o Goberno favorece aos okupas e non ao lexítimo propietario. En relación á okupación, o viceportavoz do Grupo Popular no Senado asegura que “seguiremos esixindo o desaloxo inmediato, nun período de 24 horas, por parte dos okupas”. De feito, así o recolle o Grupo Popular nunha Proposta de Lei en relación á vivenda que vén de rexistrar na Cámara Alta.
PRESUPUESTOS GENERALES DEL ESTADO E ABANDONO A LUGO
O senador popular lembrou tamén que “Sánchez dicía a Rajoy que se non era capaz de aprobar os Presupostos debía marchar. Rajoy aprobou todos os Presupostos e deixoullo aprobado a Sánchez; pero Sánchez nestes seis case sete anos de Goberno nin sequera presentou un proxecto tódolos anos; polo que entón “se debería marchar. O que lle pedimos é que cumpra a lei e presente un proxecto de Presupuestos Generales del Estado para este ano”.
Barreiro tamén lembrou “o abandono do Goberno de Sánchez á provincia en materia de infraestruturas” subliñando que “Lugo é a única cidade capital provincia que queda fóra da alta velocidade ferroviaria, un claro castigo do Goberno de Sánchez a Lugo”.
Sobre o anuncio da apertura dun novo tramo da A-54, sinala que “benvido sexa, pero levamos 30 anos agardando dende que se fixo o primeiro tramo”. Ademais, cre que “non ten sentido dicirlle a unha parte importante dos usuarios que non circulen por ela”, en relación á recomendación de que os camións non tomen a autovía. “É un exemplo de improvisación e falta de compromiso con Galicia e coa provincia de Lugo”, conclúe.