Partido Popular de Lugo

O PP reúne a responsables e colaboradores dos 5 distritos do concello de Lugo para fomentar a participación e reforzar as estruturas

Martes, 14 de xaneiro 2025.- O presidente da Xunta Local do Partido Popular de Lugo Ramón Carballo anunciou a celebración de reunións con responsables e colaboradores dos cinco distritos do municipio, que se desenvolverán ao longo da vindeira semana na sede do PP na rua Poeta Ramón Cabanillas 13. Estas xuntanzas teñen como obxectivo reforzar a estrutura do partido na cidade, incorporando máis persoas e cun obxectivo de contar cun representante en cada rúa e núcleo do concello de Lugo.

“Queremos consolidar un traballo en rede efectivo, que permita ser a correa de transmisión entre os veciños e o partido; queremos ter ollos e oídos en todos os recunchos do municipio, construíndo unha estrutura áxil e en constante crecemento”.

As reunións desenvolveranse segundo o seguinte calendario:
•​Distrito 1: Mércores, 15 de xaneiro, ás 20:30 horas
•​Distrito 2: Venres, 17 de xaneiro, ás 19:00 horas
•​Distrito 3: Venres, 17 de xaneiro, ás 20:30 horas
•​Distrito 4: Sábado, 18 de xaneiro, ás 10:30 horas
•​Distrito 5: Sábado, 18 de xaneiro, ás 12:00 horas

Estas primeiras reunións do ano marcan o inicio dun calendario de traballo serio e comprometido. Contarán coa participación da voceira do Grupo Municipal, Elena Candia, quen salientou que esta planificación reafirma “a implicación e o esforzo do Partido Popular de manter un diálogo continuo cos veciños”.