Sarria, 8 de xaneiro de 2025.- Os representantes do PP -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- esixirán dende o Senado que o Goberno de España impulse a urbanización da segunda fase do polígono industrial do Morelle, en Sarria, “concretando prazos e investimentos”.
Así o explica o senador Juan Serrano despois de coñecer a resposta oficial do Goberno de España ás súas preguntas sobre a situación deste parque empresarial responsabilidade da entidade estatal do solo (SEPES). O Executivo asegura ter feito o proxecto, “pero non compromete nin prazos nin contías polo que non parece que o Goberno de Sánchez teña intención real de executar esa segunda fase”.
A proposta que se debaterá no Senado a iniciativa dos representantes do PP lucense responde a unha demanda dos empresarios e do PP de Sarria para executar a ampliación do polígono co obxectivo de “consolidar e atraer actividade económica e xerar empregos”. Así mesmo, piden a comercialización e venda de novas parcelas “a un prezo asequible e competitivo”.
A propia Corporación Municipal de Sarria xa se pronunciou a raíz dunha proposta do Grupo Popular, con ampla maioría e co respaldo de distintos partidos políticos, a favor de reclamar a ampliación deste polígono e sobre a necesidade de que este proxecto vaia adiante con carácter de urxencia.
O obxectivo é “dispoñer do maior espazo posible para poder levar a cabo unha actuación viable que atraia máis empresariado a unha zona especialmente dinámica”, subliña Serrano.
“A creación de solo industrial, sobre todo en localidades como a de Sarria onde hai unha alta demanda, debe ser unha cuestión prioritaria para o Goberno de España e que o polígono do Morelle poida dispoñer de novas parcelas supoñería un revulsivo de fronte ao futuro, ademais dunha aposta decidida pola revitalización da actividade empresarial e pola creación de emprego”, incide o popular.
Os representantes do PP no Senado lembran que “en outubro do ano 2020 tanto o daquela Delegado de Goberno en Galicia (Javier Losada) como o alcalde da localidade (Claudio Garrido), daban por seguro que se promovería a segunda fase de urbanización deste polígono, un compromiso que máis de 4 anos despois aínda non se materializou”.
PERDA DE OPORTUNIDADES
A parálise na execución da ampliación do polígono do Morelle está a provocar unha progresiva perda de oportunidades: varias empresas desistiron de instalarse na localidade e outras abandonan Sarria cara a outros municipios onde si poden acceder a unha máis ampla oferta de solo industrial.
PREGUNTA E RESPOSTA OFICIAL