Partido Popular de Lugo

O PP insiste na necesidade de acender a iluminación das rotondas que unen as nacionais 634 e 642 e de acceso á A-8 en Barreiros

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Barreiros insisten na necesidade de acender a iluminación da rotonda que une as estradas nacionais 634 e 642 e tamén da rotonda que une o acceso a autovía A-8 coa N-634, ademais da vía que dan acceso á mesma, para “garantir a seguridade viaria”. 

O voceiro popular en Barreiros, José Manuel Gómez Puente, recorda que estes  farois apagáronse hai moitos meses e os da rotonda de acceso a  autovía A-8 levan anos así e non se volveron a acender a pesar de que “esta rotonda conecta dúas das estradas máis transitadas da Mariña, polo que é un punto polo que circulan cada día miles de vehículos”. “Ninguén pode entender que non teña iluminación”, sinalou. 

As estradas N-642 e N-634 son dúas das principais arterias da Mariña xa que  ademais de unir esta comarca de Este a Oeste, a N-634 dá acceso a autovía A-8.

“A realidade é que ninguén no municipio entende que levemos tantos meses co  alumeado apagado e a paciencia de condutores e veciños está chegando ao límite  xa que todos somos conscientes de que está en risco a seguridade viaria”, explicou. 

Neste senso, José Manuel Gómez Puente afirma que “insistiremos e non pararemos ata a que se acenda de novo a luz neste punto e así dotar de máis seguridade esta conexión entre as dúas estradas nacionais”.