Vilalba, 29 de novembro de 2024. Os concelleiros do PP lamentan que “o goberno bipartito PSOE – Vilalba Aberta co apoio do BNG prefira gastar 1,2M€ no capricho de reformar a Casa do Concello en lugar de atender as necesidades reais dos vilalbeses e vilalbesas”.
Os populares sosteñen que “esta nova obra faraónica non é unha prioridade para os vilalbeses” e sinalan, por exemplo: o mal estado de moitas pistas das parroquias nas que “os veciños terán que seguir pasando polos baches”, servizos que deixan moito que desexar, problemas de iluminación polas noites, o comercio desaparecendo en Vilalba, sen PXOM nin orzamentos…
A portavoz, Sandra López, afeou que “ao PSOE non lles doian os cartos dos vilalbeses. Dálles igual despilfarrar 3 millóns que 4 ou 5”. De feito, “despilfarran de millón en millón: arredor dun millón na rúa da Pravia que da pena, outro tanto nas piscinas que botaron anos pechadas e só se poden empregar 2 meses ao ano, e preto dun millón no FIV e as patronais o ano antes das eleccións municipais…”.
E para o señor Renda, de Vilalba Aberta, que “antes falaba de prioridades e era moi crítico con este tipo de obras, a prioridade agora debe ser o sillón”. Ante as escusas de Renda de que non é competencia das súas áreas, a popular lémbralle que “Vilalba Aberta si aprobou o proxecto” e convídao ao dicirlles aos veciños das parroquias, cando lle pidan arranxar as pistas, que “preferiu gastar 1,2M€ no arranxo da Casa do Concello”.
A popular incidiu en que “é tan evidente que a reforma da Casa do Concello non é unha prioridade agora mesmo para Vilalba, que quen nos goberna debería velo igual que o vén os veciños e veciñas”.
DACORDO COAS SUBVENCIÓNS, EN DESACORDO COAS DECISIÓNS DO BIPARTITO
A popular aclarou que “non estamos en contra desta nin de ningunha subvención. Do que estamos en contra é de que se destinen cartos a obras que ninguén pide”, concretou en relación ás decisións que toma o goberno bipartito en relación á xestión dos recursos de tódolos vilalbeses e vilalbesas.
Así mesmo, lembrou que “o centro de día foi o lema do PSOE durante anos; pero, cando tivo ocasión de solicitar apoio á Deputación de Lugo, pediu para facer unhas piscinas cando xa tiñamos un parque acuático que derrubaron por puro capricho e non para o centro de día. E con esta subvención que outros Concellos aproveitaron para habilitar un centro de día, preferiron solicitar para reformar a Casa do Concello”.