Partido Popular de Lugo

Balseiro reprocha que o Goberno rescate á empresa do «socio» da muller de Sánchez e non a unha industria estratéxica como Alcoa

Martes, 27 de novembro de 2024.- O senador lucense José Manuel Balseiro aproveitou a comparecencia do vicepresidente da SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais) na Comisión de investigación do caso Koldo, na tarde de onte, para reprocharlle que o Goberno poña diñeiro para rescatar á empresa do “socio” da muller de Sánchez, Air Europa, ou á aerolínea venezolana Plus Ultra e non faga o mesmo con Alcoa San Ciprián, a pesar de ser unha industria estratéxica.

Balseiro lembrou que a fábrica da Mariña é a única en España que produce aluminio primario e a principal industria electrointensiva do país e, a pesar de que levan tempo pedindo a intervención da SEPI no seu apoio -mesmo con diversos acordos das Cortes Xerais nese sentido-, o Ministerio de Hacienda fai oídos xordos.

O senador de Cervo terminou afirmando que observa con bastante desconfianza o feito de que o Goberno Sánchez rescate “unhas empresas si e outras non” e cre evidente o interese político do PSOE nos polémicos rescates das aerolíneas que están a ser obxecto de investigación polos tribunais.