Partido Popular de Lugo

O PP preguntará no pleno que ten pensado facer o goberno provincial coa Casona do Incio, que se atopa nun estado precario polo abandono de PSOE e BNG

Domingo, 24 de novembro de 2024. Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no pleno do martes sobre o que teñen pensado facer PSOE e BNG na Casona do Incio, unha propiedade de titularidade provincial que, como moitas outras, “atópase nun estado de total abandono, deteriorándose a pasos axigantados, en lugar de recuperala e poñela en valor para o uso dos lucenses”.

Dende o Grupo Provincial Popular recordan que no pleno de xullo de 2021 acordouse, por unanimidade de todos os grupos, recuperar este edificio situado no Concello de O Incio, e mentres no se realizaban as obras de mellora apuntalouse para garantir a súa estabilidade e a seguridade de calquera persoa que puidera pasar preto do inmoble.

Dese acordo plenario xa pasaron máis de tres anos “e vemos como a actuación do goberno provincial por recuperar este inmoble brilla pola súa ausencia”.

RESIDENCIA O SAVIÑAO

Os deputados populares tamén preguntarán no pleno polos plans de PSOE e BNG coa residencia de maiores comprometida, hai 14 anos, no Concello de O Saviñao.

O compromiso da Deputación de Lugo con todos os veciños de O Saviñao vén do ano 2010 (asinado oficialmente en xaneiro de 2011) e a residencia construiríase nunha parcela sita no casco urbano e que se adquiriu a través da extinta Suplusa.

Os deputados populares queren saber que van a facer PSOE e BNG con este compromiso adquirido xa que “a única realidade a día de hoxe é que a parcela na que se debería de localizar a residencia está abandonada”.