Partido Popular de Lugo

O PP advirte que “a conta do Concello do ano 2023 reflicte o estancamento da Pontenova” e a “falta de impulso por parte do goberno local”

A Pontenova, 21 de novembro de 2024. O PP da Pontenova advirte da “falta de impulso ao desenvolvemento económico do municipio por parte do goberno local socialista” que deriva nun “estancamento” do concello.

A conta xeral do exercicio 2023 do Concello da Pontenova recolle unha baixada na recadación directa do Concello con respecto ao que o goberno local tiña previsto: só recadou o 28,7% do que prevía por licencias urbanísticas e o 17,7% polo ICIO (Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras). “Isto reflexa que non hai actividade económica, que non se poñen negocios en marcha, que non se constrúen ou fan reformas. Dito doutro xeito, que “o municipio está estancado” e “non vemos que o goberno local impulse accións para a súa dinamización”.

Segundo a documentación facilitada polo propio goberno local, “en todo o ano só se recadou o 64% do previsto” polo que “o Concello non dispuxo no 2023 de todo o diñeiro que o goberno municipal prevía nos presupostos”.

A portavoz, Conchita Novo, explica que “ante a baixa recadación directa por parte do Concello, a administración que máis aporta á Pontenova é a Xunta de Galicia que aportou 1,39M€ no 2023, case 3 veces máis do que achegou a Deputación de Lugo e moito por diante tamén dos distintos Ministerios”.

“O propio Concello sofre o pasotismo do goberno local”, indica a popular. Novo aclara que “a conta xeral reflicte que o goberno do PSOE só foi capaz de executar o 60% do total que tiña presupostado”.

Os populares inciden en que “esta cifra é preocupante”; pero máis aínda é falando de “investimentos reais porque só alcanzaron o 21%”. É dicir, “deixaron de investir para mellorar A Pontenova 8 de cada 10 euros dos que tiña previsto” no orzamento municipal da correspondente anualidade.

E, do mesmo xeito, as transferencias correntes e de capital reflicten que “só chegaron a entregar a asociacións, clubs ou entidades sen ánimo de lucro 2 de cada 10 euros” dos que nun primeiro momento reservaron para esta finalidade.

“É unha pena que queden sen executar cartos que o Concello tiña previstos” porque iso supón “perder oportunidades de facer cousas, mellorar o Concello e dinamizar a actividade no noso municipio”, conclúen dende o PP local.