Sarria, 16 de novembro de 2024. A presidenta da xestora do Partido Popular de Sarria, Carmen José López, presentou ao seu equipo que terá como obxectivos fortalece e dinamizar o partido e seguir a traballar no ben dos veciños e veciñas. Ao acto, celebrado onte durante o transcurso do tradicional Magosto organizado polos populares, acudiron a presidenta provincial, Elena Candia, o secretario xeral provincial, Javier Nodal, e o deputado no Congreso, Jaime de Olano.
A xestora está integrada por 18 membros, ademais da propia Carmen José López, –Ricardo Arias, Rocío Camino, Raquel Fernández, José Manuel Fernández, Diana García, Tania Lareo, Eduardo López, Esperanza López, Marcos López, Luís Mato, María José Melle, Martín Páramo, Vanesa Pontón, Jesús Rodríguez, Aitana Sánchez, Manuel Tourón, Jesús Valcárcel, Marcos Vaiña- con persoas que fan a súa primeira incursión a nivel organizativo no partido e outras que formaron parte da lista municipal ou de anteriores comités locais, e na que están incluídos todos os concelleiros.
“Trátase dun equipo aberto ao que esperamos que se poida ir sumando máis xente xa que queremos contar con todo o potencial que temos entre os nosos afiliados a través de comisións e grupos de traballo, fortalecemento da rede territorial nas distintas parroquias e núcleos e intensificación da actividade do partido durante as distintas épocas do ano independentemente de que haxa ou non citas elecotais” sinala a presidenta da xestora do PP de Sarria, Carmen José López.
A presidenta provincial do PP, Elena Candia, destacou “a celebración destes encontros de confraternidade” e convidou a todos a traballar en beneficio de sarria e os sarriáns porque “xuntos somos máis fortes”.
Balance Grupo Municipal
A popular sarriá aproveitou para facer balance do traballo realizado dende o Grupo Municipal nestes intensos primeiros 18 meses de lexislatura nos que levou a cabo unha labor fiscalizadora pero, tamén, unha labor propostivia con 28 propostas a través das mocións que levamos para, entre outras, mellorar dotacións e comunicacións no rural, os espazos públicos, a imaxe do municipio, da vila, do funcionamento do Concello ou para intentar facer avanzar cousas que levan moitos anos enquistadas en Sarria.