Na xunta local do PP do Concello de Lugo, que se celebrou onte, informouse que se van reforzar as estruturas do partido no municipio co obxectivo de achegarse aínda máis ás necesidades da veciñanza indicando que “forma parte do noso compromiso escoitar e defender as necesidades dos lucenses”.
Durante a xuntanza tamén se fixo un repaso do traballo que realiza o Grupo Municipal no día a día tanto na fiscalización do goberno local, como nas accións propositivas.
Tanto o Presidente local, Ramón Carballo como a voceira do Grupo Municipal, Elena Candia manifestaron a importancia do traballo coordinado para actuar de forma eficaz.