Partido Popular de Lugo

O PP de Trabada celebrou o segundo curso de primeiros auxilios coa Asociación de Veciños San Julián de Sante 

O PP de Trabada celebrou coa Asociación de Veciños de  San Julián de Sante o segundo curso de primeiros auxilios, trala celebración do primeiro o pasado 24 de outubro.

O voceiro popular, José María Fernández, destacou que neste segundo curso participaron unhas vinte persoas. “Trátase dunha iniciativa que o PP de Trabada puxo a disposición de todos os veciños ante a boa acollida que tivo o primeiro e porque este tipo de coñecementos son fundamentais hoxe en día, sobre todo en municipios pequenos e con dispersión de poboación”, sinalou.

José María Fernández quixo agradecer “a gran disposición e as ganas de aprender que amosaron todos os participantes” e tamén fixo especial fincapé “no apoio que nos deron dende AFAMMER para facilitar a celebración destes cursos”.

Por último, o voceiro popular destacou que “seguimos traballando para dar resposta ás peticións que nos realizan os veciños, sobre todo neste tipo de actuación xa que están moi preocupados por aprender estas técnicas de axuda en momentos de emerxencia”.