Lugo, 11 de novembro de 2024. O PP lucense esixe a Tomé que “pida desculpas públicas aos lucenses” tras asegurar que o tempo de viaxe entre Lugo e Ourense unha vez rematadas as obras en marcha na liña ferroviaria será de 45 minutos, cando o Clúster da Función Loxística o sitúa nun mínimo de 1 hora e 22 minutos “case o dobre”.
O deputado lucense no Congreso Jaime De Olano acusa ao secretario xeral do PSdeG lucense de “mentir” aos lucenses e, incluso, lembra que “me acusaba de contar mentiras que no estaban sustentadas en datos fiables”. Ao respecto, incide en que “no lo dice el Partido Popular, sino los propios profesionales del sector” que rebaixan a velocidade media do tren pola provincia a 75km/h “en lugar de los 160km/h que di Tomé”.
Os populares lucenses teñen advertido en numerosas ocasións da necesidade de retomar os proxectos das variantes de Rubián e Os Peares-Canabal como tiña previsto o anterior Goberno do Partido Popular para facer posible que chegue á provincia a alta velocidade.
“El informe nos dá la razón”, subliña, xa que sinala que as obras que executa ADIF non redundarán significativamente na redución de tempos de viaxe ao non actuar sobre o trazado -que limita a velocidade dos convois- nin contemplar as variantes.
Tomé convidaba aos lucenses a facer unha simple regra de tres ante o que De Olano responde “la regla de tres es siempre la misma: Sánchez miente, Besteiro miente y Tomé también miente”.
Finalmente, De Olano convida ao secretario xeral do PSdeG en Lugo a “demostrar el peso político que tiene en el PSOE” y “lograr que se recuperen las variantes de Rubián y Os Peares-Canabal si quiere recuperar un mínimo de la credibilidad perdida y si, efectivamente desea la llegada de la alta velocidad a Lugo”.