O PP denuncia que “o goberno provincial de PSOE e BNG pretenda facer unha chapuza nas estradas provinciais de Begonte” á vista das marcas sobre a estrada LU-P-0802 (Begonte-Santalla) na parroquia de Donalbai que indican as zonas nas que pretenden levar a cabo unha intervención puntual de rebacheo nalgúns dos socavóns -non en todos- deixando parte da estrada totalmente desfeita e sen levar a cabo a súa rehabilitación integral que é o que necesita esta vía que comunica varias parroquias e, incluso, conecta con municipios veciños como Guitiriz ou Friol.
O portavoz provincial, Antonio Ameijide, visitou xunto ao alcalde, José Ulla, a zona que na que fai unhas semanas se reunían acompañados por varios deputados provinciais do Grupo Propular con ducias de veciños e veciñas que reclamaban a mellora integral desta vía e da LU-P-2303 (Parga-Pedrafita-Santalla), tamén de titularidade provincial, ante “o seu alarmante estado de deterioro” que provoca malestar polo “risco para a seguridade dos usuarios, a incomodidade para circular por elas e os danos que provoca nos vehículos”.
“O pésimo estado destas vías evidencia que fai moitos anos que non se levou a cabo ningún tipo de traballo de mellora do pavimento e agora o goberno que preside Tomé, ante as queixas trasladadas polo Grupo Popular, pretende tapar catro baches para pasar este inverno”, explica o popular. “Pero dentro duns meses volverá a estar igual ou peor”, advirte.Ç
Nese sentido, os populares inciden en que “unha intervención puntual non é a solución para esta estrada provincial que se atopa nun estado intransitable. O que precisa é a súa rehabilitación integral, incluíndo a renovación do firme e da súa sinalización, así coma da adopción das medidas de seguridade necesarias”.
RESPONSABILIDADE NO MANTEMENTO DE ESTRADAS DA DEPUTACIÓN
Ameijide pide ao goberno provincial “máis responsabilidade e ambición no mantemento das estradas da Deputación e especialmente en actuacións como a desta estrada en Begonte, nas que a forma de traballar de PSOE e BNG é so tapar catro baches con parches e non solucionar o problema real das estradas”.