Partido Popular de Lugo

O PP advirte da “deriva económica” do goberno de Camiña Sarria que “está a hipotecar o presente e o futuro do Concello”

Sarria, 6 de novembro de 2024. O PP advirte da “deriva económica” do goberno de Camiña Sarria á vista da conta xeral do 2023 que revela que “o resultado orzamentario axustado do Concello é negativo por importe de menos 5.552.364,98€”.

A voceira popular, Carmen José López, sinala ao respecto que “este goberno está a hipotecando o presente e o futuro do noso Concello”. E, o que considera peor: “sen planificación nin responsabilidade” toda vez que “o propio alcalde recoñeceu na Comisión de Contas que non ten ningunha intención de corrixir estas deficiencias que se poñen de manifesto no informe de Intervención”. Polo tanto, os populares advirten que “a situación probablemente desembocará na necesidade de levar a cabo un plan de axuste”.

Ademais, o remanente de tesourería para gastos xerais descendeu preto dun 49% con respecto ao exercicio 2022, é dicir, “o goberno de Camiña Sarria fundiu no 2023 a metade dos remanentes dos que dispoñía no 2022”. A portavoz considera que “a única planificación económica do goberno de Claudio Garrido é gastar e gastar ata que se esgote a hucha”.

López considera a situación “alarmante” e advirte que “as conclusións do informe de Intervención son “graves e contundentes”.

As contas do Concello incumpren o obxectivo de estabilidade orzamentaria, da regra de gasto, de débeda pública e o período medio de pago a provedores. López condena que “o Concello de Sarria incumpra todos os parámetros e o alcalde non teña intención ningunha de reparar e reconducir a situación”.