Partido Popular de Lugo

O PP pregunta a Tomé “que agocha” da tramitación municipal ao negar acceso a catro expedientes solicitados

Os concelleiros do PP de Monforte preguntan a José Tomé “que oculta da tramitación municipal” ao negar aos populares o acceso aos expedientes solicitados nos últimos meses.

A voceira popular, Katy Varela, non entende “os motivos de que José Tomé negue o acceso a toda a documentación porque ten algo que ocultar ou porque nin a ten, que é peor”.

“Pese a todas as trabas que tenta poñer o alcalde, non imos ceder no noso empeño por fiscalizar a acción do goberno e ten que ter claro que calquera irregularidade que detectemos a denunciaremos”, explicou.

CICLO DA AUGA

O 13 de Maio de 2024 os concelleiros populares solicitaron os datos dos volumes de auga potabilizados e facturados no casco urbano e no rural, por parte da empresa Aqualia.

A resposta por parte do goberno local chegou o 28 de agosto, “pero aportando unicamente a parte que lle interesa a José Tomé, o volume facturado” motivo polo que dende o Grupo Municipal Popular solicitouse se aportasen os datos que faltaban sobre o volume de auga potabilizada en 2023 “pero seguimos sen reposta”.

SENTENCIAS XUDICIAIS CONTRA O CONCELLO DE MONFORTE

No Pleno de Xullo preguntouse ao alcalde sobre as dúas sentenzas en contra que recibiu o Concello de Monforte por parte do TSXG.

Unha delas en relación aos terreos do parque do Hospital, que obrigaba ao Concello a pagar 620.000€, algo sobre o que José Tomé sinalou que o propio Tribunal deixaba a sentenza sen efecto.

Dende o Grupo Municipal Popular solicitouse que se facilitase o acceso a ambas resolucións xudiciais pero “non vimos por ningunha parte referencia algunha a que esa sentencia quedaba sen efecto”.

Por este motivo, o 27 de maio de 2024 pediuse acceso ao expediente e copia do mesmo para poder ter acceso ao mesmo para comprobar se existe tal anulación da sentenza ou non.

PROTECCIÓN CIVIL

Os concelleiros populares tamén solicitaron acceso á documentación referente ao servizo de Protección Civil para coñecer o número total de voluntarios que hai neste servizo así como cantos prestaron servizo e en que actos durante este ano.

Ao igual que nos casos anteriores, tampouco se facilitou a información solicitada.

SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO

O 17 de outubro solicitouse acceso ao expediente do Servizo de Axuda a Domicilio para ter coñecemento real do número de persoas atendidas, en que datas e o número de horas asignadas a cada beneficiario do servizo; así como o número total de empregados que traballan na actualidade e o número total de horas polas que están contratados.