Partido Popular de Lugo

O PP de Foz trasladou as queixas dos usuarios do campo de fútbol de Malates polo mal estado do céspede artificial

Foz, 04 de novembro de 2024. O Partido Popular de Foz trasladou as queixas dos usuarios do campo de fútbol de Malates polo mal estado do céspede artificial. Así o fixo a través dun rogo no último pleno ordinario no que solicitan ao equipo de goberno que xestionen, canto antes, a súa substitución. sinala que as rectificacións de Cajoto volven a demostrar o seu desastre na xestión.

Trece anos despois de ser cambiado, na actualidade existen buratos perigosos e as cebras do céspede están totalmente esmagadas. O rogo é froito das queixas de futbolistas e familiares que catalogan como graves as posibilidades de que algún usuario se lesione por pisar un furado ou por meter o pé nas liñas e franxas de céspede despegadas.

Fai anos, o goberno do Partido Popular xestionou a mellora do alumeado e a beirarrúa do campo de Malates, o cambio do céspede do Martínez Otero, o arranxo do pavillón de Marzán e a pista do Campo da Cabana, e “vemos como este goberno leva cinco anos sen case investimentos nas infraestruturas deportivas”, sinala o voceiro popular Javier Castiñeira.

“O señor alcalde, que ademais é deputado do goberno provincial, podería aprender, xa non do anterior goberno do PP, senón dos concellos limítrofes que veñen de recibir da Deputación de Lugo fondos para este tipo de obras”, finaliza Javier Castiñeira