Partido Popular de Lugo

Nicole Grueira: “Ou Lino Rodríguez devolve ao Concello de Pol ao camiño da legalidade ou teremos que levalo a outras instancias superiores”

O pleno extraordinario celebrado hoxe no Concello de Pol deixou en evidencia que a situación económica do Concello de Pol “é insostible” un extremo que os concelleiros do Grupo Municipal Popular levan moitos meses denunciando e que, agora, se ve referendada “nun informe demoledor” de Intervención do Concello.

A voceira popular, Nicole Gueira, faise eco deste informe e advirte ao alcalde: “Ou devolve ao Concello de Pol a unha situación de legalidade ou teremos que levalo a outras instancias superiores”.

No informe ao que fai referencia Nicole Grueira afírmase que “O Sr. Alcalde determina pagar as facturas dando preferencias a esa, sen ningún orde preestablecido, e tendo en conta que faltan moitas facturas por pagar e que son gastos xerais e como Interventora poño de manifesto que non se cumpre a normativa vixente”.

A voceira popular explica que “reafírmase o que denunciamos en numerosas ocasións, o alcalde paga a quen el decide cando quere”.

Un pagamento de facturas que “tamén incumpre procedementos legais” e que, segundo se fai público no informe, “o alcalde está a realizar fraccionamentos de contratos, algo totalmente ilegal”.

Así o deixa patente o informe: “En relación a estes gastos e en consonancia con anteriores informes de Intervención, cabe facer os seguintes reparos na tramitación de ditos gastos, debido a omisión de trámites esenciais de procedemento que derivan nun fraccionamento do obxecto de contrato:

-A data actual o Concello de Pol, polo menos a esta Intervención non lle constan, non ten subscrito contratos administrativos en relación aos citados servizos ou subministracións.

Así a través da simple presentación das facturas, tramitándose dita contratación coma se de contratos menores se tratase, estanse a omitir trámites esenciais do procedemento, incumpríndose o disposto no artigo 99.2 do LCSP.

A data actual a pesares das numerables advertencias de ilegalidade realizadas por esta Intervención continuase sen realizar trámite algún para adecuar ditos gastos ao procedemento legalmente establecido. A través da súa tramitación como contratos menores (simplemente presentación de factura) estase a producir un fraccionamento do obxecto do contrato e omisións de trámites esenciais do procedemento.”

AUMENTA A DÉBEDA SEN CONTROL

Nicole Grueira lamenta “a situación á que Lino Rodríguez levou ao Concello e, por extensión, a todos os seus veciños”. Como afirma o servizo de Intervención “Ponse en coñecemento do equipo de goberno a situación complicada que existe debido á elevada débeda pública do Concello de Pol, xa que os ingresos son moito menores que os gasto e que se gastan en cousas que non son importantes como é a rotulación dun autobús”.

“Os gastos sen control do alcalde” situaron xa ao Concello nunha débeda de 3.445.997,54 euros, e Nicole Grueira advirte que “nin a Deputación pode salvar agora ao alcalde”.

Afirmación que apoia o informe: “Este déficit na liquidez están a liquidarse mediante solicitudes de anticipos de subvencións o dos anticipos procedentes dos Convenios da Deputación Provincial de Lugo, dos impostos que recada vía delegación deste Concello, porén esta vía resulta insuficiente a pesar da operación a curto prazo de 400.000 euros”.