Partido Popular de Lugo

O PP pon en valor os 240.000€ que aporta a Xunta para a mellora da Casa da Cultura e a ampliación do aparcadoiro do polígono

Os concelleiros do PP de Monforte poñen en valor os 237.123€ que achega a Xunta de Galicia para dúas obras na localidade, a reforma e ampliación do polígono industrial e para a mellora da eficiencia enerxética da Casa da Cultura.

A voceira popular, Katy Varela, explica que para a reforma e ampliación do aparcadoiro do polígono se destinarán 120.000€, “unha actuación moi necesaria e que se poderá realizar grazas ao compromiso do goberno galego”.

Do mesmo xeito, “tamén son moi importantes” os traballos para a mellora da eficiencia enerxética da Casa da Cultura de Monforte, unha actuación que contará cunha axuda de 117.123€.

Katy Varela recorda que “!a Xunta sempre está e estará ao carón dos monfortinos” polo que “José Tomé debería de pensar máis nos veciños e solicitar máis axudas da Xunta de Galicia”.

o“Queda patente que a Xunta sempre está disposta a axudar a todos os galegos, polo José Tomé debe deixar a un lado esa liña de enfrontar administracións e aproveitar todos os recursos que o goberno galego pon a disposición de todos os municipios”, rematou.