O goberno de José Tomé deu luz verde para que o Concello de Monforte pasase a cobro as cuotas, trimestrais e anuais, aos usuarios da piscina e do ximnasio municipais, a pesar de que non se poden empregar estas instalacións xa que se vai a proceder a súa renovación.
A voceira popular, Katy Varela, explica que “o malestar entre os usuarios é enorme” xa que ven como se lles está a cobrar por un servizo que non poden disfrutar, “como tampouco saben se lles van a devolver a parte proporcional que non poidan usar”. “A realidade é que dende o Concello nada lles din”, criticou.
Ante esta situación, Katy Varela advirte que senón se dá unha solución inmediata aos usuarios afectados “presentaremos no próximo pleno unha iniciativa para que que expliquen que vai a facer o goberno local. “Senón hai unha solución, José Tomé terá que informar publicamente sobre como van a proceder”.
“A realidade é que xa hai tempo que o proxecto da piscina está preparado, polo que dende o Concello xa tiñan que ter un plan alternativo”, sentenciou.