Partido Popular de Lugo

O PP constata que os veciños de Pol ven máis necesario que o Concello designe de novo unha persoa para abrir o colexio ou rematar o pavillón antes que comprar un autobús

Pol, 8 de outubro de 2024. “A veciñanza de Pol está moi enfada coa compra do autobús por parte do alcalde”. Así de contundente se amosa a voceira do PP en Pol, Nicole Grueira, que durante os últimos días mantivo varias xuntanzas e conversas cos veciños do municipio.

Nicole Grueira afirma que “o descontento é moi grande” xa que todos os veciños coinciden en que hai necesidades moito máis urxentes ás que destinar os cartos, como poden ser “volver a designar un traballador municipal para abrir e pechar o colexio de Pol ou para que o municipio teña de novo un polideportivo cuberto e pechado”.

A realidade é que a xestión de Lino Rodríguez á fronte do Concello de Pol “é moi mellorable e os veciños xa comezar a estar fartos da súa actitude”.

Nicole Grueira explica que “a ningún pai e nai lle sentou ben a decisión unilateral do alcalde de retirar ao traballador municipal encargado de abrir e pechar o colexio, como tampouco lles gusta que destine todos os cartos a un campo de fútbol mentres ten o polideportivo sen rematar e aberto”.

Ademais, recorda a voceira popular, “as nefastas decisións do alcalde, que destina os cartos do Concello aos seus caprichos” provocaron xa “a bancarrota do Concello” (cómpre recordar que o Concello de Pol ten unha débeda recoñecida de 2.7M€) tendo que ser rescatado pola Deputación de Lugo ante a incapacidade de afrontar o pago dos gastos correntes, como as nóminas dos traballadores, o pago das facturas dos provedores ou os seguros e o combustible dos vehículos municipais.

“E mentres todos vimos como, con cargo ás arcas municipais, pagou comidas pola provincia adiante que, ata o de agora, non aclarou con que foron, polo que todo indica que foron con amigos facendo turismo”, rematou.