Samos, 4 de outubro de 2024. O voceiro do PP de Samos, Miguel Gallego, advirte que, no pleno deste venres, “a alcaldesa nacionalistas intenta, unha vez máis, enganar os veciños para tapar a ruína na que está sumindo ao Concello de Samos” que o popular lle recorda que “atopou saneado sen débedas”.
“Á situación caótica no SAF súmase agora o centro de maiores. Ámbolos dous unha escaseza importante de persoal e tentan suplilos con traballadores municipais”. Desde o PP pregúntanse se eses traballadores “dispoñen da formación específica que se require para exercer eses labores”.
Os concelleiros do PP tamén se interesaron polo estado das rozas; xa que “moitos pobos están a medias ou directamente nin se chegou a eles. A rexedora afirmou que os veciños podían rozar eles os camiños sin impedimento ningún, que o Concello non os vai sancionar. Preguntámonos entón para que solicitan a subvención para acometer labores de roza se ao final as teñen que facer os propios veciños”.
Por outra banda, “a alcaldesa votou en contra da moción que presentaba o Grupo do PP sobre a recollida de residuos voluminosos porta a porta para levar ao punto limpo e nin sequera iniciou os trámites para facer a recollida selectiva como di a nova lei que o seu propio partido, o BNG, apoiou no Congreso. O único ao que se dedican é a buscar culpables para intentar xustificar unha subida considerable no recibo da basura, que a Xunta de Galicia vai financiar o 60% e que vén derivada dun imposto do Goberno central”, explica o popular.