O mantemento do Centro de Artesanía tamén caeu no olvido do goberno provincial que leva moitos anos mirando cara outro lado, sen realizar as necesarias obras de mantemento, o que provocou que “coas choivas destas días, chova coa mesma intensidade no exterior e no interior do edificio”.
O voceiro provincial, Antonio Ameijide, urxe “medidas inmediatas” para poder garantir a seguridade dos traballadores así como a protección de todas as pezas que se atopan dentro deste centro, “todas de gran valor histórico e cultural”.
A situación deste centro “é moi preocupante” xa que as principais protagonistas non son as pezas que alí se deberían de expoñer, senón as numerosas goteiras que provocan que os corredores estean cheos de cubos, as humidades que poden poñer en risco a saúde dos traballadores e, derivado desta situación, hai zonas nas que o teito se caeu, co conseguinte risco para calquera persoa que pase por esa zona nese momento.
Unha triste realidade que vai en consonancia coa política instaurada por PSOE e BNG á fronte do goberno provincial: “o nulo mantemento das súas propiedades”.
Como exemplos deste abandono están toda a rede viaria provincial, diferentes edificios e inmobles que a Deputación ten ao longo da provincia, como a escola de piragüismo, como tampouco se libran deste olvido as zonas verdes, tendo como principal exemplo do abandono o centro turístico de Augas Mestas.