Mércores, 18 de setembro de 2024. Antonio Ameijide condena a actitude do presidente da Deputación, José Tomé, cun Concello gobernado polo Partido Popular tras ter coñecemento dunha proposta de sanción de 43.750€ ao Concello de Ribadeo por “facer o traballo que non fai a Deputación de Lugo e que dende o Grupo Provincial Popular levamos denunciando todo o verán: acometer os traballos de desbroce en tempo e forma para evitar situacións de risco para vehículos e peóns nas estradas provinciais”.
“Calquera veciño da provincia puido comprobar casos de cunetas sin limpar ou marxes das estradas provinciais sen desbrozar que acumulan maleza que chega, incluso, a invadir parte da calzada e dificultar a visibilidade. Tal e como levamos advertindo todo o verán, isto pon en risco aos usuarios das estradas provinciais”, explica Ameijide.
Moitas das vías que son competencia da Deputación, constitúen os principais accesos ás praias de Ribadeo. Ante a preocupación manifestada polos veciños pola falta de visibilidade debido á acumulación de maleza e o incremento de intensidade de tráfico no verán, o goberno local requiriulle en varias ocasións ao goberno provincial a necesidade de acometer os traballos de limpeza e roza.
“Á vista de que a Deputación non cumpriu coa súa obriga, e aos informes técnicos municipais, o Concello procedeu a limpar estas vías única e exclusivamente por razóns de seguridade para os usuarios da vía e sen causar prexuízo algún nin alteración da mesma e agora o goberno que preside Tomé pretende multar ao Concello”. É dicir, “pretende sacarlle cartos aos ribadenses por uns traballos que debería ter feito a Deputación para garantir a súa seguridade e que o goberno provincial non fixo. Pretende cobrar por non traballar”.
“É incrible que o goberno provincial pretenda multar ao Concello por querer garantir a seguridade tanto dos veciños e veciñas do municipio coma dos visitantes que empregan as vías provinciais para achegarse ás praias de Ribadeo”. É máis, “estes traballos incluso puideron evitar que a Deputación de Lugo tivese que facer fronte a algún tipo de responsabilidade de producirse algún tipo de incidente, ao incumprir as súas competencias”. Segundo o voceiro popular “aquí o único que debería pagar é a Deputación de Lugo en concepto de execución subsidiaria”. E engade que “non podemos entender ata onde perdeu o norte Tomé” ao sancionar aos veciños de Ribadeo.
Atendendo ao artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 6/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial, corresponde ao titular da vía a responsabilidade do mantemento nas mellores condicións posibles de seguridade para a circulación, de instalación e conservación dos adecuados sinais e marcas viarias.
TRATO IGUALITARIO AOS CONCELLOS GOBERNADOS POR PSOE E BNG
Ameijide reitera a reivindicación para que “o goberno de PSOE e BNG abandone o sectarismo e desenvolva unha trato igualitario para os Concellos gobernados polas distintas cores políticas”.
Tras ter coñecemento de que outros Concellos coma Antas de Ulla ou Foz, entre outros, tamén desenvolveron labores de roza en estradas provinciais, o portavoz popular pregúntase “se tamén fará a mesma labor de investigación e sanción cos Concellos gobernados polo PSOE e o BNG”.
Nese sentido, os populares preguntaranlle ao goberno de Tomé no vindeiro pleno se ten previsto sancionar tamén aos Concellos gobernados por PSOE e BNG que desenvolveran tarefas de limpeza de cunetas e desbroce das marxes das vías provinciais ao paso polo seu termo municipal constituíndo un risco para a seguridade dos usuarios.