Partido Popular de Lugo

O PP logra o apoio das principais forzas políticas no Senado para esixir ao Goberno que investigue as causas da redución de capturas de xarda

Senado de España, 17 de setembro de 2024. O senador lucense José Manuel Balseiro defendeu unha iniciativa, promovida polo Grupo Popular na sesión da Comisión de Pesca da Cámara Alta que tivo lugar esta mañá, pola que se esixe ao Goberno de España que investigue as causas da redución de capturas de xarda. Este é o cuarto ano consecutivo que a frota galega –e moi en particular a lucense, pioneira na xestión desta especie- ve como descende o número de capturas.

Os populares lograron o apoio das principais forzas políticas á súa iniciativa -que prosperou sen ningún voto en contra- e, deste xeito, mandarase ao Executivo central a encargar ao Instituto Español de Oceanografía (IEO) a que organice unha campaña científica prospectiva e específica en augas do Cantábrico. O acordo final incorpora unha emenda do PNV aceptada polo PP, pola que se suma a esta campaña científica o AZTI – Centro de Investigación Mariña e Alimentaria do País Vasco.

O obxectivo dos populares, facéndose eco das demandas do sector, é coñecer cal das hipóteses que se manexan sobre as causas deste descenso no número de capturas é a cientificamente relevante e, en función das conclusións que se aceden, que as distintas administracións pesqueiras e o propio sector adopte as medidas de xestión necesarias para corrixir e mellorar a situación.

A campaña da xarda, tamén coñecida como caballa ou verdel, en función do territorio, é unha das especies de interese pesqueiro máis relevantes da flota do cerco que faena no Cantábrico, ademais do impacto indirecto que ten nas empresas de transformación de peixe. Entorno a unha trintena de barcos lucenses participan nesta pesqueira que chegou a representar o 65% das vendas en lonxa por volume. A redución de capturas se traduce nunha baixada dos ingresos en pósitos como os de Burela, A Coruña ou Ribeira, onde esta especie ten un maior peso. Con todo ese non é un problema exclusivamente galego senón que afecta a toda a frota asturiana, cántabra e vasca.

Balseiro lembrou que o Goberno ten nas súas mans ferramentas desaproveitadas como é o IEO, que debe estar ao servizo dos intereses da pesca. A argumentación científica é clave non só para mellorar a pesqueira de moitas especies comerciais senón para lograr que as administracións pesqueiras e nomeadamente Europa, tome decisións máis acordes coas necesidades da frota. O Goberno de Pedro Sánchez, tan afastado dos intereses do noso mar, non pode seguir de brazos cruzados” concluía Balseiro, quen se felicitaba por este acordo.