Sarria, 12 de setembro de 2024. Os concelleiros do PP de Sarria urxe ao goberno de Camiña Sarria a “axilizar” a licitación do contrato da limpeza viaria e recollida do lixo ante a imaxe de abandono e sucidade que afecta ao municipio.
As rúas están sucias e os contedores tan repletos de lixo que incluso os desborda, ademais de que moitos deles están estragados, rotos, oxidados e co mecanismo de apertura inservible.
Hai xa tempo que o Grupo Municipal do Partido Popular vén denunciando a situación irregular deste servizo, que se ven prestando sen contrato dende agosto de 2020 e que mesmo foi posto de manifesto polos propios traballadores da empresa que o están a levar a cabo.
En setembro do 2020 o goberno defendía que non podía licitar o contrato ata que se aprobasen os orzamentos, pero no 2022 aprobáronse os orzamentos anuais e recentemente entraron en vigor os correspondentes a esta anualidade. A pesar diso, “o goberno continúa sen regularizar a situación, que é cada vez máis indefendible, unha situación da que o goberno é o único responsable” e que pon de manifesto a “pésima xestión deste asunto”, matiza a voceira, Carmen José López.
“A imaxe de abandono que estamos a soportar toda a veciñanza é intolerable e precisa unha actuación urxente”, segundo subliña a portavoz. Dende o Partido Popular pedimos “pasar dunha vez por todas das intencións aos feitos poñer fin á lamentable situación da recollida do lixo e limpeza viaria”.
RECOLLIDA NO RURAL
Por outra parte, dende o Partido Popular instan ao alcalde a detallar as medidas anunciadas relativas á intención de centralizar a recollida no medio rural en determinados puntos. Piden que aclare se pretende recortar o servizo de recollida nos distintos núcleos do concello.