Foz, 12 de setembro de 2024. O Partido Popular de Foz denuncia a falta de xestión do equipo de goberno ante o inicio do curso escolar ao ter abandonado o mantemento das marquesiñas que hai no rural. Un dos exemplos está no barrio de Ribela, na parroquia de Cangas, no que esta instalación está chea de sucidade e maleza o que impide que os nenos a utilicen para esperar o autobús.
“O peor xa non é o total abandono das parroquias senón que os veciños acoden ao equipo de goberno para denunciar esta circunstancia e ninguén os escoita polo que, debido a esta deixadez, en moitos casos son os propios pais e nais dos nenos os que fan os traballos de rozado e limpeza para poder usar estas marquesiñas”, lamenta a concelleira popular, Laura Riveira.
“Isto é unha auténtica vergoña polo que tanto PSOE como BNG deberían pedir perdón aos veciños pola nefasta programación deste inicio de curso escolar”, finaliza Laura Riveira.