Partido Popular de Lugo

PSOE e BNG abandonan aos veciños do rural de Viveiro ao desatender necesidades básicas coma o abastecemento de auga

Viveiro, 11 de setembro de 2024. O PP de Viveiro afea que “PSOE e BNG abandonan aos veciños do rural ao desatender necesidades básicas coma o abastecemento de auga”. De feito, en dúas décadas de goberno do PSOE con apoio do BNG non se investiu nada no abastecemento da zona rural. Nin sequera o contemplaron nos presupostos do 2024 recentemente aprobados”. A portavoz, Mariña Gueimunde, condena que “os problemas na rede de abastecemento de auga que afecta ás parroquias de Galdo, Landrove e Magazos non sexa unha prioridade para a alcaldesa, a señora Loureiro, nin para o resto do seu goberno bipartito incluída a tenente de alcaldesa, a señora Bermúdez”.

A proposta do Grupo Municipal Popular para investir na posta a punto da rede de abastecemento de agua destas parroquias o resultante das contías de gasto reservadas no presuposto 2024 para a Policía Local e que non foron executadas ao levar 6 meses sen este servizo foi rexeitada polo voto de calidade da alcaldesa tras darse un empate na votación cos 7 votos a favor do PP, 7 en contra de PSOE e BNG -que a tenente de alcaldesa intentou xustificar botando a culpa a que hai que pedir permisos sectoriais, pero tempo tiveron en 22 anos para solicitalos- e a abstención de XViveiro. “A propia alcaldesa decidiu negarlles esta solución aos veciños e veciñas destas tres parroquias que sufriron continuos cortes de auga sen previo aviso causando trastornos na súa vida diaria”, incide a popular.

Gueimunde indica, ademais, que durante o pleno o goberno local revelou que “as partidas reservadas para a Policía Local que non se chegaron a gastar por estar os efectivos de baixa nestes 6 meses e que ascenden a uns 153.000 € xa case está empregada en gasto corrente. Só quedan pouco máis de 4.000 €”. A súa maior parte, uns 85.000 € foron gastados en actividades culturais, deportivas e festivas. Así os populares deducen que “o goberno local non fai nada por axilizar a resolución do problema na plantilla da Policía Local, pero si se apura a mover os cartos que lle correspondería pagar ao Concello como cota de Seguridade Social dos efectivos para outros asuntos”.

Os populares lembran, ademais, que “o orzamento municipal foi aprobado a comezos de xullo e o goberno local xa tiña consignado unha partida de 115.000 € para festas. Pero a súa previsión foi tan mala que un só mes despois esa cantidade xa era suficiente e decidiron botar man de 85.000 € do diñeiro que non gastaron coa Policía Local”.