Foz, 29 de agosto de 2024. O Partido Popular di que os informes técnicos auguran que o Concello de Foz recadará preto de 80.000 euros máis coa nova contribución. “A concelleira Inés Couto fai trampa ao anunciar bonificacións xa que as rebaixas prodúcense onde menos se recada e onde máis se recada haberá subidas. Nos bens inmobles urbanos, no que o concello recada uns 2,8 millóns de euros, sube uns 100.000 euros ao pasar o coeficiente de 0,52 a 0,54 e nas construcións rústicas, onde se cobraban uns 40.000 euros, prodúcese unha rebaixa duns 20.000 euros ao pasar de 0,60 a 0,54 o novo coeficiente”, sinala o voceiro popular, Javier Castiñeira.
Así, a recadación en construcións rústicas supón un 2% da recadación total e nos bens inmobles urbanos, que inclúe o núcleo urbano e núcleos das parroquias, é un 98% da contribución, incrementando esta un 3,8%.
“É un incumprimento máis do PSOE, un incumprimento respecto ao seu propio programa electoral no que dicían que ían a rebaixar a contribución e, neste caso, a volven a subir e se tiveran intención de rebaixa xa o houberan feito cando llo pediu o Partido Popular. Polo tanto, que a credibilidade do señor Cajoto e da señora Couto está polo chan sabeo todo o mundo en Foz xa que levan cinco anos mentíndonos e con falsas propostas” lamenta o voceiro do Partido Popular.
“O afán recadatorio do bipartito focense é descomunal: subiron a recollida do lixo, as licenzas de obra, a ocupación de vías para terrazas, as casetas da praia e , agora, aumentan o IBI e, encima, o señor Cajoto e a señora Couto queren que lles aplaudamos despois de mentirnos e tomarnos por tontos”, finaliza Javier Castiñeira.