A Fonsagrada, 12 de agosto de 2024. O PP da Fonsagrada denuncia que “o goberno local do PSOE suba o imposto de vehículos de tracción mecánica, pero arranxe os baches das estradas municipais con terra”.
Os populares condenan “esta chapuza” porque “este material non é o apropiado para este tipo de reparacións”. O portavoz, Bernardo Niño, engade que “como calquera pode prever, coa chuvia a terra marchará e as estradas municipais continuarán co mesmo problema: numerosos baches sen reparar”. Pero, ademais, advirte que “pode resultar perigoso para os vehículos ao tratarse dun material que non é o apropiado para a reparación do firme das estradas”.
Niño lembra que recentemente o equipo de goberno aprobou en pleno subir o impostos de circulación nun 50% e a pesar de recadar máis para as arcas municipais, decide aplicar terra para reparar as estradas do Concello que precisan labores de bacheo”.