Pol, 22 de xullo de 2024. “Trala presión dos veciños e do PP, ao alcalde de Pol non lle quedou máis remedio que axilizar a apertura da piscina municipal”. Así o asegura a voceira popular, Nicole Grueira, que tamén lamenta que “pola falta de traballo” do alcalde os veciños de Pol perderon 22 días de disfrute destas instalacións.
Nicole Grueira recorda que “a falta de previsión” do equipo de goberno por ter en perfectas condicións estas instalacións municipais provocou que non abrise o 1 de xullo “como é habitual”.
Unha situación que dende o PP se denunciou en varias ocasións nas últimas semanas, levando o asunto tamén ao pleno municipal, no que alcalde evitou pronunciarse sobre a data de apertura.
Nicole Grueira denuncia que “por esta falta de traballo e de previsión” do alcalde e o seu equipo de goberno “os nenos e nenas de Pol van a ter menos días para disfrutar destas instalacións”.