Partido Popular de Lugo

O PP de Foz pídelle ao BNG que actúe ante a falta de transparencia de Cajoto respecto á Residencia de Maiores

Foz, 11 de xullo de 2024. O Partido Popular de Foz pídelle ao BNG que actúe ante a falta de transparencia de Cajoto respecto á Residencia de Maiores. “Facemos isto xa que os nacionalistas forman parte do goberno local e o señor alcalde está a actual cunha total sen razón, tomando decisións de forma unilateral sobre asunto. Non informa á Corporación nin informa aos afectados, que se teñen que enterar pola prensa que lles van a subir as tarifas dun xeito totalmente desproporcionado, e tampouco se lles ten en conta á hora de aportar solucións. Polo tanto, solicitamos ao BNG que pare esta forma de actuar dos seus socios”, sinala o voceiro popular, Javier Castiñeira.

O PP no pasado pleno, ante a falta de solucións aos usuarios, xa lle solicitou ao BNG que deixara o asunto enriba da mesa. “No pleno que se vai a celebrar o vindeiro luns imos a facer o mesmo e esperamos que desta volta forcen a Cajoto a negociar cos usuarios”, anuncia Javier Castiñeira.

“Non é normal que Cajoto en cuestión de minutos consiga un informe favorable á nova empresa por parte dun equipo xurídico externo, unha declaración favorable da mesa da contratación e que convoque o pleno en medio das Festas do Carme para o luns día 15, víspera do día grande, ás 14.30 horas, buscando que non vaia ninguén”, critica o voceiro do PP de Foz.

Polo tanto, desde o Grupo Municipal do PP de Foz “entendemos que isto é unha falta de transparencia absoluta e, neste caso, quen o pode evitar un é o Partido Popular ,que vai a poñer todos os seus esforzos para tratar de impedir este atropelo, e outro é o BNG, socio do goberno, que ten unha nova oportunidade para dicirlle ao alcalde que as cousas non se fan así, que as cousas se deben facer falando e negociando, contando coas solucións antes de que se contrate á nova empresa porque despois probablemente haxa persoas que non poidan facer uso da Residencia de Maiores por non ter unha situación económica que poda pagar ese servizo de acordo aos incrementos que propón o señor alcalde”, finaliza Javier Castiñeira.