Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte realizaron un balance do primeiro ano de José Tomé a fronte do concello monfortino tralas eleccións municipais de 2023, 12 meses “perdidos” nos que o rexedor “foi incapaz de atopar solucións aos problemas do abastecemento de auga potable e do saneamento”.
A voceira popular, Katy Varela, afeou a Tomé que neste ano “unicamente se centrou na promoción da súa imaxe” xa que os únicos proxectos que desenvolveu resúmense nunha frase: “botar asfalto sobre asfalto”.
“Durante estes 12 meses puidemos ver como practicamente cada semana en Monforte houbo problemas e cortes no abastecemento de auga potable e na zona rural tamén son numerosas as parroquias que carecen deste servizo fundamental”, denunciou.
Porque a realidade é que José Tomé centrou a súa acción de goberno en “poñer asfalto novo sobre asfalto en bo estado”. “Xa o dixemos en numerosas ocasións, asfaltar as rúas é necesario, como tamén o é unha boa planificación e cando se actúa nunha rúa o correcto é renovar as súas tubaxes e logo asfaltar”, recordou.
Katy Varela afirmou que dado que José Tomé e o seu equipo de goberno non conseguiron desatascar ningún dos problemas de Monforte nin facer que o municipio medrase “podemos cualificalos como un alcalde e un goberno ausentes”.
ACCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR
Durante este primeiro ano de mandato, os concelleiros populares defenderon XX iniciativas, divididas en:
- Mocións:
- Rogos:
- Preguntas:
Neste senso, os populares cualificaron o seu traballo como “un ano de oposición construtiva, humilde, cercana á cidadanía e ilusionante”, acción na que dividiron as súas propostas en sete bloques de traballo:
- Un concello comunicativo e transparente para toda a cidadanía
Con iniciativas centradas na mellora da comunicación e da transparencia do Concello xa que o equipo de goberno unicamente promociona a imaxe do alcalde e oculta a información que vai en contra da acción de goberno, como as sentencias xudiciais contra o concello.
- Benestar social, igualdade e inclusión para todas as idades e colectivos
Mocións para que o Goberno central cumprise coa Lei de Dependencia ou alegacións ao regulamento da escola infantil municipal.
- Medio ambiente, sostibilidade e limpeza en continuo coidado
Iniciativas para que o Concello de Monforte cumprise coa Lei de Benestar Animal ou para acadar bonificacións fiscais para entidades que traballan en favor da sociedade, como a inclusión na ordenanza da auga de Residencias e centros da 3ª idade e discapacidade como usos especiais do consumo.
- Economía, comercio local, empresas e rural apoiados e potenciados
Mocións para acadar bonificacións no IVTM ou no IBI, ademais de apoiar a permanencia da sede central do Craega en Monforte.
- Turismo, cultura e educación promocionados e dixitalizados
Iniciativas para a mellora da xestión do turismo ou para a modernización da Casa da Cultura.
- Urbanismo, mobilidade e redes modernizadas en todos os lugares
A acción dos concelleiros do PP centrouse neste eido en mellorar a sguridade viaria e para mellorar a imaxe do municipio, actuando nos edificios en ruina, por exemplo.
- Zonas deportivas e de descanso ampliadas e renovadas
Os edís do PP defenderon, entre outras iniciativas, unha zona de baño en Ribasaltas.