Os concelleiros do PP de Monforte pregunta a José Tomé “que ten que agochar para negar o acceso á información que se solicita do propio Concello”.
A voceira popular, Katy Varela, explica que o pasado 13 de maio rexistrouse no Concello de Monforte unha petición de acceso a documentación sobre diferentes asuntos municipais, dende a situación económica municipal ata os datos do ciclo da auga.
“Case dous meses despois non sabemos nada sobre estes expedientes, unicamente unha comunicación confirmando o acceso, pero sen concretar día nin data para acceder a cada expediente nos departamentos correspondentes”, sinalou.
A voceira popular recorda que, segundo a lei vixente, “teñen que facilitar o acceso á documentación nun prazo de cinco días” e, case dous meses despois, “houbo tempo máis que suficiente para poñer a documentación a disposición”.
Por este motivo, e se José Tomé e o seu equipo de goberno “non teñen nada que agochar” entregarán de inmediato todos os expedientes solicitados. “Por este motivo rexistramos un novo escrito no que comunicamos que o venres día 12 de xullo acudiremos ao Concello a revisar toda a documentación, polo que agardamos que estea todo preparado”, advertiu.
DOCUMENTACIÓN SOLICITADA
Os concelleiros do Grupo Municipal Popular solicitaron acceso aos expedientes referentes a:
- Contratos de pasivo en vigor con entidades bancarias, e, en caso de existir, situación actual de cada un deles.
- Rexistro de entrada de escritos ao concello de os últimos quince días. (desde o luns 29 de abril ata o luns 13 de Maio). En relación ao acceso do Rexistro de Entrada e dado o retraso, solicitamos copia desde o 29 de abril ata a data de recollida da documentación, 11 de Xullo.
- Sentencias e autos dos procedementos xudiciais dos que sexa parte o Concello, ditados e notificados dende o un de xaneiro de 2023 ata a data actual.
- Datos relativos o volume de auga potable mensual durante o ano 2023 no concello co seguinte desglose:
Volumes potabilizados no rural e no casco urbano.
Volumes facturados no rural e no casco urbano.