Partido Popular de Lugo

O PP pon en valor o traballo realizado en Aspnais en favor da inclusión e a inserción laboral

A presidenta provincial, Elena Candia, o voceiro do Grupo Provincial, Antonio Ameijide, alcaldes e voceiros do PP na provincia de Lugo coñeceron esta mañá as instalacións de Aspnais en Lugo e os talleres de formación que teñen nesta entidade.

Dende o PP de Lugo quixeron poñer en valor os diferentes talleres que hai en Aspnais, como os de carpintería, cerámica, envasado, gravado, xardinería ou serigrafiado, entre outros, destacando “o gran nivel de calidade” de todos os traballos que realizan os usuarios de Aspnais.

Aspnais é a Asociación Provincial de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual e atende na actualidade a 180 usuarios e conta con 80 traballadores, nun edificio histórico recuperado para este fin.