Partido Popular de Lugo

O PP solicita o reforzo do persoal do Museo Provincial na quenda de tarde, que só ten tres guías para atender as 29 salas

reforzo do persoal do Museo Provincial na quenda de tarde, na que unicamente hai tres persoas para atender os máis de 5.000m2 e as 29 salas desta instalación.

O voceiro provincial, Antonio Ameijide, explica que, segundo os datos aos que tivemos acceso, hai 6 persoas durante a mañá e só 3 pola tarde. “Semella acaído equiparar un pouco as quendas de traballo xa que durante o verán aumenta o número de turistas polo que se debería de repartir a atención en horario de mañá e tarde”, sinalou.

O popular explica que nas últimas semanas aumentou o número de visitantes que vai ao Museo Provincial, tal e como recoñeceu o propio goberno provincial, a raíz da presenza do cadro de Velázquez ‘Sibila’: “o máis razoable é distribuír o máis equitativamente posible o persoal para atender aos visitantes que percorren as 29 salas do Museo”.

PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL

O popular tamén se fai eco de queixas realizadas por algúns dos aspirantes xa que explican que supostamente había relacións de parentesco entre algún dos aspirantes e algún os membros do tribunal. “Queremos saber se isto é así e se o goberno provincial estaba ao tanto, e no caso de ser certo, que van a facer?”, sinalou.