Foz, 20 de xuño de 2024. Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Foz aseguran que “Cajoto minte cando di que vai a aprobar definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) xa que o 95% está aprobado de xeito definitivo desde o ano 2018”. “Estupefactos nos quedamos no Partido Popular e supoñemos que tamén algúns dos seus compañeiros no PSOE e os compañeiros, naquel entón, de Foz Plataforma de Futuro que aprobamos no seu día o Plan Xeral de Foz”, sinala o voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira.
Os populares consideran indecoroso que o señor alcalde fale de urbanismo cando leva cinco anos para aprobar o 5% restante do PXOM que estaba pendente de legalizar a traída de Cordido, unha xestión que se podía ter feito en seis meses.
Ao Grupo Municipal Popular non lle sorprende a capacidade de Cajoto de apropiarse do traballo dos demais como xa fixo con asuntos como a depuradora, a residencia ou a canceira municipal que xestionou o goberno do Partido Popular e co traballo de corporacións anteriores. “Isto demostra a nula capacidade de xestión e a falta de escrúpulos políticos por parte do alcalde e do seu equipo de goberno”, lamenta o voceiro popular.
Os populares critican que, ademais de levar cinco anos para legalizar a traída de Cordido, o alcalde tampouco tocou o PXOM en nada e, polo tanto, nin desenvolveu o plan de reforma interior da zona antiga nin os plans parciais detrás da zona de As Torres nin en Fondós.