Partido Popular de Lugo

O PP seguirá este venres en Monforte coa revisión dos parques comarcais, coñecendo de primeira man as necesidades dos bombeiros

Os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular visitarán este venres o parque comarcal de bombeiros de Monforte para coñecer de primeira man as necesidades dos profesionais deste posto: “hai poucos días estivemos en Barreiros e escoitamos dos seus profesionais como a presidencia do consorcio non atendía as súas reclamacións”.

Por este motivo, os deputados populares programarán visitas aos catro parques comarcais restantes na provincia, comezando este venres polo de Monforte.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que “hoxe mesmo comunicamos vía rexistro a nosa intención de acudir a este parque para abordar cos seus profesionais as súas necesidades”, agardando que “non haxa ningún tipo de impedimento por parte da xerencia do consorcio nin por parte da presidencia da Deputación para facilitar o acceso, sempre, por suposto, respectando ao máximo o traballo dos bombeiros”, seguindo as indicacións realizadas pola Valedora do Pobo na súa resolución do 15 de marzo de 2024.

Antonio Ameijide recorda que en Barreiros “saimos moi alarmados” ao ver como dende a xerencia do consorcio “non se facía nada por solucionar os problemas diarios dos profesionais no desempeño das súas función”, polo que “queremos coñecer as necesidades dos bombeiros dos seis parques comarcais que hai na provincia de Lugo”.

En Barreiros, os propios profesionais alertaron de numerosas necesidades en tres eidos: infraestruturas, material e vehículos.

  • Vehículos de emerxencia:
  • Camión escaleira: Ten un problema de sobrequecemento que provoca fallos de temperatura. Problema denunciado en dúas ocasións, antes do verán e o 4 de novembro de 2023. Mentres non se solucione a circulación deste vehículo é moi lenta para evitar que se repita o problema.
  • Erros nos sensores de estabilización que fan que a escaleira non se poida subir e utilizar.
  • O camión pequeno, tamén chamado bul, non ten potencia suficiente. En pendentes ascendentes alcanza unha velocidade media non superior a 30 ou 40 km/h, mentres que na autoestrada non chega aos 60 km/h, o que supón un risco para a circulación.

En 2023 sacan a licitación (sen consultar a opinión dos bombeiros do parque) para a compra de vehículos de menos potencia da necesaria para o correcto desempeño do traballo (240 ou 290 CV fronte aos 400 CV de media en España).

  • Equipos de traballo e protección:
  • Necesitan equipos respiratorios autónomos e máscaras para rescatar posibles vítimas, sendo a categoría 3 a idónea á hora de protexer contra riscos que ameazan a vida.
  • O persoal carece de traxe técnico e os que existen son só de intervención, algúns deles herdados.
  • Instalacións:
  • As zonas de descanso non se poden utilizar en días de chuvia xa que as numerosas filtracións provocan que chove no interior do edificio.
  • Vestiarios insalubres.
  • Fugas e humidades en garaxes.

Os deputados populares tamén visitarán nas vindeiras semanas os parques restantes na provincia: Viveiro, Chantada, Sarria e Vilalba.