Os populares lucenses piden ao apoio para a candidatura coa que o Partido Popular concorre ás eleccións deste domingo e poder así defender aos gandeiros en Europa e non “o mediambientalismo extremo” que protexe ao lobo.
Representantes da formación popular do Sur da provincia visitaron, xunto ao alcalde de O Saviñao, Juan Carlos Armesto, a cooperativa de gando bovino e búfalos Val de Muíños e a granxa de pavos Agromuiño, onde destacaron a importancia de impulsar dende Bruxelas medidas que sexa útiles ao sector, como está a facer en Galicia o Goberno de Alfonso Rueda.
Concretamente, a administración autonómica concedeu o pasado ano máis de 713.000 euros en axudas para compensar ao sector agrogandeiro e paliar os danos causados por esta especie salvaxe, sendo provincia de Lugo a que máis achegas recibiu e, por tanto, a que máis danos rexistrou, con máis de 600 expedientes aprobados e un orzamento que se aproximou aos 400.000 euros.
Trátase, por tanto, de por en valor o rural e atallar o problema da caída demográfica. As dúas empresas que visitaron son un claro exemplo de emprendemento de éxito. Agromuiño creouse hai seis anos e, na actualidade, ten unha produción de 75.000 pavos por ano. No caso da cooperativa de gando, esta é unha das primeiras de traballo social de leite. Fórmana catro socios e conta cun balance anual que supera os 2,9 millóns de litros.
PROPOSTAS DO PP
Os representantes do PP puxeron en valor que a formación á que pertencen ten unha resposta clara e decidida para o campo, xa que, precisamente, unha das medidas que recolle o programa electoral é máis protección fronte ao logo e outras especies de fauna salvaxe. Esta proposta súmase ás seguintes: a presidencia da Comisaría de Agricultura, que terá competencias en materia de auga; o impulso dun Pacto Europeo da Auga; a introdución de cláusulas de “competencia leal” fronte a produtores terceiros; prazos realistas para a Axenda Verde, da man dos agricultores e gandeiros; menos esixencias e cargas administrativas para que o agro sexa máis competitivo; a loita contra o cambio climático e os incendios forestais; o recoñecemento do papel das gandarías de reses bravas e protección dos sectores vitivinícola e cárnico; ou a protección para os máis afectados pola transición ecolóxica.
REDESEÑO DA PAC
Os populares destacaron tamén a importancia de que a Política Agraria Común sexa redeseñada, pois a actual está pensada máis en favorecer aos produtores e gandeiros do sur de España que aos galegos.
Segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), Galicia conta máis de 28.200 explotación de gando bovino, das que máis de 11.000 se atopan na provincia de Lugo e, destas, 213 no municipio e O Saviñao.