Bóveda, 6 de xuño de 2024.- “O futuro do sector cárnico tamén depende de Europa. Só os intolerantes intelectuais a atacan”. Con esta mensaxe representantes do PP da provincia pediron o voto para a candidatura do Partido Popular este domingo 9 de xuño, pois, destacaron, “España ten abandonar esa política de ataque permanente aos que queren facer rendible o sector primario, como está a facer o Goberno de Sánchez coa Axenda 2030 Para o Desenvolvemento Sostible”.
Así, indicaron: “mentres Exipto, Marrocos, Portugal e Francia son exemplos de crecemento e a todos lles compramos; o único que incumpre é España. É dicir, Sánchez está empregado este instrumento da ONU en contra dos que traballan no campo, ao defender unha diminución do seu consumo”. E todo elo, din, a pesares de que o sector de elaborados cárnicos elevou un 9% as súas ventas en 2023, chegando aos 8.500 millóns de euros en España e Portugal, segundo datos do Observatorio Sectorial DBK de Informa.
En concreto, esta alza débese á demanda en hostalería e restauración. Neste senso, o país luso, xunto con Francia e Alemaña, mantivéronse como os principais mercados exportadores para as empresas españolas, agrupando o 45% do total exportado.
PROVEDOR PREMIUM
Co obxectivo de por en valor, precisamente, a calidade dos produtos cárnicos que se producen nesta provincia, os populares, acompañados do alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, visitaron a empresa Garemeat, situada neste municipio. Este provedor ofrece unha prestixiosa gama de produtos de carne de vaca, tenreira e boi autóctonos. Precisamente, o seu sabor é o que propicia que estea presente nos mellores restaurantes do mundo (Arzak, Berasategui ou Gilles Goujon) e sendo destacada polos principais medios internacionais (The Guardian, The Telegram, Le Fígaro ou Le Monde), ademais de polos críticos gastronómicos máis reputados como Mike Gibson, Kilian Fox o Jay Rayner. Cunha facturación de mais de 6M€, destina preto dun 80% á exportación a países coma Portugal, Francia, Bélxica, Luxemburgo, Italia, Eslovenia e Alemaña. Nestes momentos está cometendo unha ampliación das súas instalacións cun investimento de 600.000€, co apoio da Xunta de Galicia.