Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo considera que as europeas “son decisivas para impulsar o medio ambiente como oportunidade económica”

Sober, 5 de xuño de 2024. Sober, 5 de xuño de 2024.- O PP de Lugo considera que as eleccións do vindeiro domingo “son decisivas para impulsar o medio ambiente como oportunidade económica”. Así o abordaron alcaldes da Ribeira Sacra e cargos do Partido, co presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, nunha reunión de traballo coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente.


Deste xeito, os populares elixiron este municipio por ser o único do Sur da provincia que conta cos Bandeira Verde, distintivo creado polo Goberno galego en 2020 co fin de por en valor o traballo e a implicación dos Concellos máis comprometidos co coidado da paisaxe e do patrimonio natural. No caso da provincia de Lugo, ademais de Sober, tamén contan con este galardón outros catro municipios: Alfoz, Cervo, Mondoñedo e Outeiro de Rei.

COMPROMISO DO PP

No encontro, no que participaron rexedores e voceiros de Sober (Luis Fernández Guitián), Ribas de Sil (Sandra Macía), O Saviñao (Carlos Armesto) e Bóveda (José Manuel Arias), ademais do deputado nacional, Francisco Conde, e a deputada autonómica, Raquel Arias, púxose de relevo o compromiso decidido do Partido Popular no eido turístico-medioambiental.


Precisamente, o programa electoral inclúe crear un distintivo para premiar os contornos destacados para o turismo rural e de natureza, ademais do desenvolvemento de novas rutas en España da rede transeuropea de turismo en bicicleta, para converter o noso país nun destino preferente do turismo deportivo, ademais da loita contra o cambio climático , con axudas para a descarbonización de todos os sectores, máis apoios para paliar as consecuencias de desastres naturais, menos trabas á enerxía renovable, máis infraestruturas para a recarga de vehículos eléctricos ou impulso ao desenvolvemento de combustibles 100% neutros en C02.

“Pertencemos a unha comarca moi rica dende o punto de vista medioambiental que aspira a ser Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Neste día, queremos poñela en valor, defendendo o seu potencial como eixo vertebrador da economía e da sostibilidade”. Por iso, concluíron, “desde Europa se debe apostar por implementar políticas públicas que promovan o desenvolvemento económico equitativo, protexan o medio ambiente e garantan a participación e a inclusión social”.