Partido Popular de Lugo

Miguel Gallego advirte que “a maleza invade as aldeas de Samos”

Samos, 28 de maio de 2024. O voceiro do PP de Samos, Miguel Gallego, denuncia “o estado selvático no que se atopan as aldeas do noso concello” xa que “este equipo de goberno non se volveu ocupar delas dende fai un ano”.

Gallego subliña que “a situación é tan lamentable que non se da pasado incluso na zonas próximas ás casas”. De feito, “os veciños xa din se haberá que volver á época do gadaño e da fouce porque este goberno municipal ten todo abandonado á súa sorte”.

O popular explica que “moitos Concellos iniciaron as rozas fai máis de 15 días, mentres que en Samos non sabemos para que quere o goberno local a maquinaria se se atopa parada no garaxe”.

O portavoz do Grupo Municipal Popular subliña que “a situación é tan grave que a maioría das aldeas se está despoboando polo abandono por parte deste equipo de goberno. A xente nova pregúntase quen vai vivir nas nosas aldeas se están completamente a monte”.