Partido Popular de Lugo

Os concelleiros do PP urxen ao goberno de Camiña Sarria “atención e solución” ante o “grave deterioro” da ruta das Aceas

Sarria, 22 de maio de 2024. O Grupo Municipal do Partido Popular urxe a atención e solución por parte do goberno de Camiña Sarria ante o grave deterioro da ruta das Aceas. Os concelleiros fan unha chamada urxente á acción ante “a situación intransitable por algúns dos tramos, a maleza e a cantidade de árbores caídas”.


A propia web do Concello recoñece a ruta das Aceas como a ruta máis visitada do noso municipio, “un paseo que constitúe, sen dúbida, un dos lugares elixidos diariamente pola veciñanza para camiñar. A pesar diso, As Aceas atópanse nun estado alarmante de deterioro”, denuncia a portavoz, Carmen José López.


“A ruta das Aceas debe ser un lugar a coidar e mellorar”, indica a voceira. “Non é admisible que este espazo de natureza e desconexión en Sarria se atope nunha situación así”.

É por iso polo que os populares esixen que “o Concello actúe para reverter a situación o antes posible e restaurar a seguridade e funcionalidade nesta ruta”.